• Al usar este sitio acepta el uso de cookies para análisis, contenido personalizado y publicidad.
Office

Thank you for downloading

  • Microsoft Office Language Interface Pack 2007 – Galego

    If your download does not start after 30 seconds, Click here
      • Para instalar esta descarga:
        1. Descargue LIP.exe premendo en Descargar (enriba) e gardando o ficheiro no disco ríxido.
        2. Prema dúas veces LIP.exe no disco ríxido para iniciar o programa de instalación.
        3. Siga as instrucións mostradas en pantalla para completar a instalación.
        4. Após instalar o paquete de Microsoft Office 2007 Language Interface Pack pode encontrar o ficheiro léame en C:\Program Files\Common Files\microsoft shared\OFFICE12\LCID\LIPread.htm
        5. Non é posible actualizar Office 2003 con Office 2003 Language Interface Pack a Office 2007 con Office 2007 Language Interface Pack. Para actualizar a instalación base de Office 2003 a Office 2007 con Office 2007 Language Interface Pack debe:
          • Desinstalar Office 2003 Language Interface Pack
          • Execute a instalación de Office 2007 e escolla a opción de actualización.
          • Cando conclúa a instalación de Office 2007, instale e configure Office 2007 Language Interface Pack


        Instrucións de utilización:

        Para mudar o idioma da interface de usuario para o de Microsoft Office Language Interface Pack 2007 – Galego, siga estes pasos:

        1. Iniciar Configuración do idioma de Microsoft Office 2007 desde Iniciar\Todos os programas\Microsoft Office\Ferramentas de Microsoft Office.
        2. Seleccione Mostrar idioma e en Mostrar os menús e as caixas de diálogo de Microsoft Office en:, seleccione o idioma que desexa mostrar. O idioma seleccionado debe ser agora o predefinido.
        3. En Mostrar idioma dispón da opción de facer coincidir o idioma de visualización de Office co de Windows. Listaráselle o idioma actual de Windows. Se desexa activar esta opción seleccione Facer que o idioma de visualización de Microsoft Office coincida co de Windows . Esta configuración invalida o seleccionado en Mostrar menús e caixas de diálogo de Microsoft Office.
        4. En Editando idiomas seleccione o idioma que necesita activar desde Idiomas de edición dispoñibles e prema Engadir. O idioma que seleccionou debe aparecer listado en Idiomas de edición activados .
        5. En Editando idiomas seleccione o idioma que quere como idioma principal de edición en Idioma principal de edición.
        6. Prema Aceptar.

        A configuración do idioma que seleccionou terá efecto a próxima vez que inicie as aplicacións de Office.
        Nota: A Axuda non pode mostrarse no idioma de Microsoft Office Language Interface Pack 2007 – Galego. Permanecerá sempre no idioma da instalación orixinal.
        Na lista despregable estableza sempre como idioma de visualización da axuda o mesmo que o da instalación base.

        Para eliminar esta descarga:
          En Windows XP Home ou Professional Edition siga estes pasos:
        1. Saia de todos os programas.
        2. Prema dúas veces en Engadir ou eliminar programas no Panel de control de Windows.
        3. Prema Microsoft Office Language Interface Pack 2007 en Programas actualmente instalados, a seguir prema en Eliminar.
        4. Siga as instrucións que se mostran en pantalla.

          En Windows Vista siga estes pasos:
        1. Saia de todos os programas.
        2. Prema dúas veces en Programas e funcionalidades no Panel de Control.
        3. En Desinstalar ou cambiar un programa , prema Microsoft Office Language Interface Pack 2007 – Galego en Programas actualmente instalados, a continuación seleccione Desinstalar.
        4. Siga as instrucións mostradas en pantalla.

Descargas más populares

Loading your results, please wait...

Actualizacións para PC gratuítas

  • Parches de seguridade
  • Actualizacións de software
  • Service packs
  • Controladores de hardware