O paquete de interface de galego de Windows Vista (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do sistema.
O paquete de interface de galego de Windows Vista (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do sistema. Após a instalación mostraranse no idioma do paquete os textos dos asistentes, as caixas de diálogo, os temas da Axuda e de asistencia así como outros elementos da interface de usuario. O texto non traducido móstrase na lingua base de Windows Vista. Por exemplo, se adquiriu a versión en español de Windows Vista e instala o paquete de galego, parte do texto permanecerá en español. É posible instalar máis dun paquete de idiomas para que, desta forma, as persoas que utilicen o computador visualicen a interface no idioma desexado.
Sistemas operativos admitidos:
Windows Vista
• Microsoft Windows Vista
• Interface de usuario nos seguintes idiomas: español
• 4.63 Mb de espazo libre para a descarga
• 15 Mb de espazo libre para a instalación
Plataformas compatibles: O paquete de idiomas só é compatible coas versións de 32 bits de Windows Vista e non pode instalarse nin en versións anteriores nin nas de 64 bits.
- Prema o botón Descargar para iniciar a descarga ou escolla outro idioma na lista despregable e prema Ir.
- Realice unha das seguintes accións:
- Para iniciar a instalación de forma inmediata prema Abrir ou Executar o programa desde a súa localización actual.
- Para copiar a descarga no computador e instalala noutro momento prema Gardar ou Gardar o programa no disco.