Os paquetes de idioma permiten a creación de sitios e colecciones de sitios en varios idiomas sen necesidade de realizar instalacións de SharePoint Server 2013
ServerLanguagePack_x64_gl-es.img
Os paquetes de idioma permiten a creación de sitios e coleccións de sitios en varios idiomas sen necesidade de realizar instalacións de SharePoint Server 2013 Preview. É posible instalar varios paquetes de idiomas no mesmo servidor. A aplicación dun paquete de idioma non cambiará o idioma dun produto do servidor de Microsoft instalado nin o idioma das funcións administrativas.
Notas
- Non é necesario descargar un paquete de idioma para o idioma que instalou, xa que estes paquetes de idioma están deseñados para ser compatibles coa creación de idiomas adicionais.
Sistemas operativos admitidos:
Windows Server 2008 R2 SP1; Windows Server 2012; Windows Server 2012 R2
- Esta descarga funciona cos seguintes programas:
- Microsoft SharePoint Server 2013
- Microsoft Project Server 2013
Para instalar esta descarga:
Instalar un paquete de idioma:
- Prema no botón Descargar (máis arriba) para descargar o ficheiro e gárdeo no disco ríxido.
- Execute o programa de instalación.
- Na páxina Lea os termos de licenza do software de Microsoft, consulte os termos, marque a caixa de verificación Acepto os termos deste contrato e, a continuación, prema Continuar.
- Executarase o asistente de configuración e instalarase o paquete de idioma.
- Volva a executar o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint coa configuración predefinida.
Nota: Se non executa o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint despois de instalar un paquete de idioma, este non se instalará correctamente.
Volva executar o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint:
- Prema Inicio, diríxase a Todos os programas, vaia a Produtos de Microsoft SharePoint 2013 e, a continuación, prema Asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint.
- Na páxina Benvido as tecnoloxías e produtos de SharePoint, prema Seguinte.
- Prema Si na caixa de diálogo na que se avisa de que é posible que sexa necesario reiniciar algúns servizos durante a configuración.
- Na páxina Modificar configuración do conxunto de servidores, prema Non desconectarse deste conxunto de servidores e, a continuación, prema Seguinte.
- Se aparece a páxina Modificar configuración de aplicacións web de administración central de SharePoint, non modifique a configuración predefinida e, a continuación, prema Seguinte.
- Na páxina Completar o asistente de configuración de produtos e tecnoloxías de SharePoint, prema Seguinte.
- Na páxina Configuración realizada con éxito, prema Rematar.
Instrucións de uso:
Para obter información de uso, visite o sitio Instalación ou desinstalación de paquetes de idioma para SharePoint 2013 (pode que o texto estea en inglés).
Para eliminar esta descarga:
- No menú Inicio, diríxase a Configuración e, a continuación, prema Panel de control.
-
Prema dúas veces en Engadir/Eliminar programas.
- Na lista de programas instalados actualmente, seleccione o elemento instalado e prema Eliminar ou Engadir/Eliminar. Se aparece unha caixa de diálogo, siga as instrucións fornecidas para eliminar o programa.
- Prema Si ou Aceptar para confirmar que desexa eliminar o programa.