040309

Coa colaboración de:

OS CIDADÁNS GALEGOFALANTES IMPLÍCANSE NO IMPULSO AO USO DO SEU IDIOMA NO ÁMBITO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Seis galegofalantes resultaron os ganadores do maratón "Faille un clic ao galego", a campaña posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia para impulsar a difusión e o uso da lingua galega no ámbito das novas tecnoloxías. Esta iniciativa foi promovida por Microsoft Ibérica xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento e INEO, co apoio de Dell, Inves e HP.

Do 9 de abril ao 9 de maio, os usuarios puideron participar en "Faille un clic ao galego", promovendo a descarga e o uso das interfaces que permiten utilizar en lingua galega os programas máis avanzados de Microsoft, Windows Vista e Microsoft Office 2007. Este concurso de fomento de uso das novas tecnoloxías dun mes de duración destacou pola gran acollida que tivo entre os galegofalantes, xa que se produciron máis de 11.600 descargas desde a páxina web www.microsoft.es/gal. Aínda que o "maratón de descargas" finalizase, os usuarios que desexen empregar Windows e Office en galego poderán descargar desde esta web o software necesario de forma gratuíta, sinxela e segura.

Os ganadores


Rubén Vilar Sartages, Óscar Fernández Quintela, Julio Lema, Julio Ares Oitavén, Jesús Pérez e Fátima Solloso son os seis cidadáns que conseguiron fomentar o maior número de descargas no seu contorno, e resultaron así ganadores da campaña "Faille un clic ao galego". Os ganadores recibirán distintos premios relacionados coas novas tecnoloxías, desde ordenadores de última xeración a programas Windows Vista completos. Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar a finais de maio.

Esta iniciativa -que tamén se levou a cabo coa lingua catalá e pronto se desenvolverá co eúscaro- mostra o compromiso de Microsoft co uso das TIC en lingua galega e as demais linguas oficiais do Estado, subliñando a relevancia da diversidade lingüística.

Como expresa Rosa García, presidenta de Microsoft Ibérica, "para a nosa compañía é moi gratificante unir forzas con entidades públicas e privadas nesta iniciativa que persegue que, cada vez en maior medida, as novas tecnoloxías "falen" no idioma co que os usuarios se sintan identificados. Mañá é o Día das Letras Galegas e tamén é o Día Internacional de Internet; un momento excelente para animar os internautas galegos a que sigan axudándonos a facer de Galicia una Terra de Navegantes con identidade propia na rede".



Tamén en versións anteriores

Microsoft tamén conta con interfaces en galego para versións anteriores dos seus produtos desde os inicios de Windows como sistema operativo xeralmente aceptado polos usuarios, alá pola versión 3.1. A día de hoxe, os usuarios tamén poden descargar as librerías en galego para o sistema operativo Windows XP e a suite Office 2003 desde a mesma web dedicada.

Aínda que o concurso xa finalizase, podes seguir descargando os lips aquí