Ferramentas de verificación de Microsoft Office 2013 - Galego
As ferramentas de verificación de Microsoft Office permiten editar noutros idiomas.
Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.
Versión:
2013
Data de publicación:
23/10/2012
Nome do ficheiro:
proofingtools_gl-es-x64.exe
proofingtools_gl-es-x86.exe
Tamaño do ficheiro:
1.1 MB
1.0 MB
Quere verificar a ortografía dun idioma que non se instalou automaticamente en Office? Está no lugar correcto. As ferramentas de verificación de Microsoft Office inclúen o conxunto de ferramentas dispoñibles para Office deste idioma. Só ten que instalar, reiniciar Office e as ferramentas estarán listas para usar no seu idioma.Sistemas operativos admitidos
Windows 7, Windows 8, Windows Server 2008 R2
Esta descarga funciona cos seguintes programas:
Microsoft Office Excel 2013
Microsoft Office OneNote 2013
Microsoft Office Outlook 2013
Microsoft Office PowerPoint 2013
Microsoft Office Word 2013- Instalar esta descarga:
Instalar as ferramentas de verificación:
- Descargue o ficheiro premendo no botón Descargar (enriba) e gárdeo no disco ríxido.
- Execute o programa de instalación.
- Na páxina Ler os termos de licenza do software de Microsoft, revise os termos, marque a caixa de verificación "Prema aquí para aceptar os termos de licenza do software de Microsoft" e, a continuación, prema Continuar.
- Executarase o asistente de configuración e instalaranse as ferramentas de verificación.
- Unha vez completada a instalación, reinicie as aplicacións de Office abertas.
Instrucións de uso: Empregue as ferramentas de verificación como o faría normalmente; agora debería velas para o novo idioma instalado. Por exemplo, pode definir o novo idioma como idioma de verificación para verificar a ortografía (se está dispoñible). Para obter máis información visite Switch between different languages by setting the proofing language (Cambiar de idioma mediante a configuración do idioma de verificación)
Eliminar esta descarga:- No menú Inicio, escolla Configuración e prema Panel de control.
- Prema dúas veces Engadir/Eliminar programas.
- Na lista de programas actualmente instalados, seleccione Ferramentas de verificación de Microsoft Office 2013 - [Idioma] e, a continuación, prema Desinstalar, Eliminar ou Engadir/Eliminar programas. Se aparece unha caixa de diálogo, siga as instrucións para eliminar o programa.
- Prema Si ou Aceptar para confirmar que quere eliminar o programa.