Trace Id is missing

Ferramentas de verificación de Microsoft Office 2013 - Galego

As ferramentas de verificación de Microsoft Office permiten editar noutros idiomas.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

  • Versión:

    2013

    Data de publicación:

    23/10/2012

    Nome do ficheiro:

    proofingtools_gl-es-x64.exe

    proofingtools_gl-es-x86.exe

    Tamaño do ficheiro:

    1.1 MB

    1.0 MB

    Quere verificar a ortografía dun idioma que non se instalou automaticamente en Office? Está no lugar correcto. As ferramentas de verificación de Microsoft Office inclúen o conxunto de ferramentas dispoñibles para Office deste idioma. Só ten que instalar, reiniciar Office e as ferramentas estarán listas para usar no seu idioma.
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 7, Windows 8, Windows Server 2008 R2

    Esta descarga funciona cos seguintes programas:
    Microsoft Office Excel 2013
    Microsoft Office OneNote 2013
    Microsoft Office Outlook 2013
    Microsoft Office PowerPoint 2013
    Microsoft Office Word 2013
  • Instalar esta descarga:
    Instalar as ferramentas de verificación:


    1. Descargue o ficheiro premendo no botón Descargar (enriba) e gárdeo no disco ríxido.
    2. Execute o programa de instalación.
    3. Na páxina Ler os termos de licenza do software de Microsoft, revise os termos, marque a caixa de verificación "Prema aquí para aceptar os termos de licenza do software de Microsoft" e, a continuación, prema Continuar.
    4. Executarase o asistente de configuración e instalaranse as ferramentas de verificación.
    5. Unha vez completada a instalación, reinicie as aplicacións de Office abertas.


    Instrucións de uso: Empregue as ferramentas de verificación como o faría normalmente; agora debería velas para o novo idioma instalado. Por exemplo, pode definir o novo idioma como idioma de verificación para verificar a ortografía (se está dispoñible). Para obter máis información visite Switch between different languages by setting the proofing language (Cambiar de idioma mediante a configuración do idioma de verificación)

    Eliminar esta descarga:
    1. No menú Inicio, escolla Configuración e prema Panel de control.
    2. Prema dúas veces Engadir/Eliminar programas.
    3. Na lista de programas actualmente instalados, seleccione Ferramentas de verificación de Microsoft Office 2013 - [Idioma] e, a continuación, prema Desinstalar, Eliminar ou Engadir/Eliminar programas. Se aparece unha caixa de diálogo, siga as instrucións para eliminar o programa.
    4. Prema Si ou Aceptar para confirmar que quere eliminar o programa.