Microsoft Office Language Interface Pack 2010 – Galego fornece interface de usuario en galego para moitos programas de Microsoft Office 2010.
Note:There are multiple files available for this download.Once you click on the "Download" button, you will be prompted to select the files you need.
LanguageInterfacePack-x86-gl-es.exe
LanguageInterfacePack-x64-gl-es.exe
Office2010LipHelp-gl-es.zip
Microsoft Office Language Interface Pack 2010 – Galego fornece interface de usuario en galego para:
- Microsoft Office Excel 2010
- Microsoft Office OneNote 2010
- Microsoft Office Outlook 2010
- Microsoft Office PowerPoint 2010
- Microsoft Office Word 2010
Sistemas operativos admitidos:
Windows 7; Windows Vista; Windows XP
-
Software necesario: A versión de calquera das versións de Microsoft Office 2010 que conteñan Excel, OneNote, Outlook, Powerpoint ou Word.
- Requisitos de espazo en disco: Son necesarios 20 megabytes (MB) de espazo en disco dispoñibles, para alén do espazo utilizado polos programas instalados de Office 2010.
Instalación do paquete:
- Descargue o ficheiro LanguageInterfacePack.exe premendo o botón Descargar (arriba) e gardando o ficheiro no disco ríxido.
- Prema dúas veces o ficheiro LanguageInterfacePack.exe para iniciar o programa de instalación.
- Siga as instrucións da pantalla para concluír a instalación.
- Unha vez instalado, pode consultar o ficheiro léame de Microsoft Office 2010 Language Interface Pack localizado en C:\Ficheiros de programa\Common Files\microsoft shared\OFFICE14\1110\LIPread.htm
- Non se admite a actualización de Office 2007 con Office 2007 Language Interface Pack ou edicións anteriores a Office 2010 con Office 2010 Language Interface Pack. Se desexa actualizar a instalación base de Office 2007 a Office 2010 con Office 2010 Language Interface Pack realice o seguinte:
- Desinstale Office 2007 Language Interface Pack
- Execute o programa de instalación de Office 2010 e escolla a opción de actualización.
- Ao concluír a instalación de Office 2010, instale e configure Office 2010 Language Interface Pack
Activación do produto Office:
- Se está a ter problemas para ler o código de instalación completo na caixa de diálogo "Asistente de activación de Microsoft Office" ou non se mostra correctamente ao utilizar Microsoft® Office Language Interface Pack 2010, cancele o asistente e mude ao produto en español para activalo.
Instrucións de utilización:
Para mudar a interface de usuario ao idioma de Microsoft Office Language Interface Pack 2010– Galego, realice o seguinte:
- Inicie as Preferencias de idioma de Microsoft Office 2010 no menú Inicio\Todos os programas\Microsoft Office\Ferramentas de Microsoft Office.
- En Escoller idiomas da interface de usuario e da Axuda, na opción Idioma da interface de usuario, seleccione o idioma desexado e prema o botón Establecer como predefinido.
- En Escoller idiomas de edición, seleccione o idioma desexado e prema o botón Establecer como predefinido.
- Prema Aceptar.
A configuración de idioma seleccionada aplicarase a próxima vez que inicie as aplicacións de Office.
Nota: Non é posible mudar a Axuda ao idioma de Microsoft Office Language Interface Pack 2010– Galego. Permanecerá sempre no idioma da instalación orixinal.
Por tanto, defina sempre a Axuda no idioma base.
Eliminación do programa:
Realice o seguinte con Windows XP Home ou Professional Edition:
- Saia de todos os programas.
- Prema dúas veces a icona Engadir ou eliminar programas do panel de control de Windows.
- Prema Microsoft Office Language Interface Pack 2010 na caixa Programas actualmente instalados e, a seguir, prema o botón Eliminar.
- Siga as instrucións da pantalla.
Realice o seguinte con Windows Vista ou Windows 7:
- Saia de todos os programas.
- Prema dúas veces a icona Programas e funcionalidades do panel de control de Windows.
- Na opción Desinstalar ou modificar un programa, prema Microsoft Office Language Interface Pack 2010– Galego na caixa Programas actualmente instalados e, a seguir, seleccione a opción Desinstalar.
- Siga as instrucións da pantalla.