This is the Trace Id: fe03ad378421b47f2b62d942717a0339
Saltar ao contido principal Microsoft 365 Office Azure Copilot Windows Surface XBOX Asistencia técnica Aplicacións de Windows OneDrive OneNote Computadores e tabletas Xogos de Xbox Xogos de computador Microsoft AI Seguranza de Microsoft Azure Dynamics 365 Microsoft 365 para empresas Microsoft Power Platform Windows 365 Programador de Microsoft Documentación Microsoft Learn Microsoft Tech Community Azure Marketplace AppSource Visual Studio Seguranza e descargas gratuítas Education Todo Microsoft

Paquete de idiomas da interface de Microsoft® Office 2013 – Galego

Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego fornece unha interface de usuario en galego para moitas das aplicacións de Microsoft Office 2013.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

  • Versión:

    2013

    Data de publicación:

    15/5/2024

    Nome do ficheiro:

    languageinterfacepack-x64-gl-es.exe

    languageinterfacepack-x86-gl-es.exe

    Tamaño do ficheiro:

    18.0 MB

    18.0 MB

      Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego fornece unha interface de usuario en galego para as seguintes aplicacións de Microsoft Office 2013:

    • Microsoft Excel® 2013

    • Microsoft OneNote® 2013

    • Microsoft Outlook® 2013

    • Microsoft PowerPoint® 2013

    • Microsoft Word 2013


    • Co Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego, os usuarios poden traballar nas versións de idioma orixinais compatibles da aplicacións de Office e ver comandos e opcións para esas aplicacións en galego.

      Durante a instalación do Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013, copiaranse no disco ríxido de destino os ficheiros que habilitan ao usuario a cambiar o idioma da interface de usuario. Trala instalación, as funcionalidades e opcións do Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego están dispoñibles desde as aplicacións de Office 2013 e desde a Configuración de idioma de Microsoft Office 2013.
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 7, Windows 8

      Sistema operativo Microsoft Windows 7 - 32 ou 64 bits
      Sistema operativo Microsoft Windows 8 - 32 ou 64 bits
      Nota: Comproba que tes instalado o Service Pack máis recente para o teu sistema operativo para así asegurar o mellor soporte para o teu idioma.

    Software Calquera versión do paquete Office 2013 ou módulo independente que conteña Microsoft Excel, Microsoft OneNote, Microsoft Outlook, Microsoft PowerPoint ou Microsoft Word é compatible co Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego. Nota: Comproba que tes instalado o Service Pack de Microsoft Office máis recente para os produtos de Microsoft Office. Isto asegurará unha mellor experiencia do usuario.

    Computador e procesador Procesador de 1 GHz compatible con SSE2 ou superior; 2 GB de RAM ou superior

    Espazo en disco Alén do espazo do disco ríxido utilizado polas aplicacións de Office 2013 instaladas,
  • 3 GB de espazo en disco ríxido dispoñible.

  • Todos os demais requisitos de sistema son os mesmos que os das aplicacións de Office 2013 que emprega o Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego.


  • Paquete de idiomas da interface de Windows Recoméndase instalar os paquetes de idiomas da interface de Windows 7 ou Windows 8 máis recentes para un óptimo desempeño do soporte de idioma para o sistema operativo e as aplicacións de software.

    Resolución do monitor e configuración de PPP A mellor resolución para a visualización dalgúns tipos de letra é 1366 X 768. Se tes dificultades para ler o tipo de letra do teu idioma, define a súa configuración de visualización de acordo con esa resolución ou superior se fose necesario. Nota: Recoméndase utilizar as aplicacións de Office 2013 coa configuración PPP predeterminada de Windows (96 PPP). Se utilizas a configuración de 120 PPP, podería causar unha mala experiencia do usuario con algunha desas aplicacións incrementando o tamaño das caixas de diálogo de Office.

    Opcións rexionais e de idioma Ademais se recomenda que todas as Opcións rexionais e de idioma no panel de control estean establecidas no idioma do Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 - Galego.

  • Para instalar esta descarga:
    1. Descarga o ficheiro LanguageInterfacePack.exe premendo o botón Descargar (arriba) e garda o ficheiro no disco ríxido.
    2. Preme dúas veces o ficheiro de programa LanguageInterfacePack.exe no disco ríxido para iniciar o programa de instalación.
    3. Sigue as instrucións da pantalla para concluír a instalación.
    4. Unha vez instalado, podes consultar o ficheiro léame do Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 localizado en C:\Ficheiros de programa\Common Files\microsoft shared\OFFICE15\1110\LIPread.htm.
    5. Non se admite a actualización de Office 2010 co Paquete de idiomas da interface de Office 2010 ou edicións anteriores a Office 2013 co Paquete de idiomas da interface de Office 2013 .Se desexas actualizar a instalación base de Office 2010 a Office 2013 co Paquete de idiomas da interface de Office 2013 sigue estes pasos:
      • Desinstala o Paquete de idiomas da interface de Office 2010.
      • Executa o programa de instalación de Office 2013 e escolle a opción de actualización.
      • Ao concluír a instalación de Office 2013, instala e configura o Paquete de idiomas da interface de Office 2013.



    Activación do produto Office:
    Se estás a ter problemas para ler o código de instalación completo na caixa de diálogo "Asistente de activación de Microsoft Office" ou non se mostra correctamente ao utilizar o Paquete de idiomas da interface de Microsoft® Office 213, cancela o asistente e muda ao produto en español para activalo.

    Instrucións de utilización:
    Para mudar a interface de usuario ao idioma do Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 – Galego, realice o seguinte:

    1. Inicia as Preferencias de idioma de Microsoft Office 2013 no menú Inicio\Todos os programas\Microsoft Office\Ferramentas de Microsoft Office .
    2. En Escoller idiomas da interface de usuario e da Axuda, na opción Idioma da interface de usuario, selecciona o idioma desexado e preme o botón Establecer como predeterminado .
    3. En Escoller idiomas de edición, selecciona o idioma desexado e preme o botón Establecer como predeterminado .
    4. Preme o botón Aceptar .


    A configuración de idioma seleccionada aplicarase a próxima vez que inicies as aplicacións de Office.
    Nota: Non é posible mudar a Axuda ao idioma do Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 – Galego. Permanecerá sempre no idioma da instalación orixinal.
    Por tanto, define sempre a Axuda na lista despregable no idioma base.

    Eliminación do programa:
  • Sae de todos os programas de Microsoft Office.
  • Preme dúas veces a icona Programas e funcionalidades no panel de controlde Windows.
  • Na opción Desinstalar ou mudar un programa , preme Paquete de idiomas da interface de Microsoft Office 2013 – Galego na caixa Programas actualmente instalados e, a seguir, selecciona a opción Desinstalar .
  • Sigue as instrucións da pantalla.

  • Galego (España)
    Icona de rexeitamento das opcións de privacidade A súas opcións de privacidade
    Privacidade da saúde do consumidor Contact Microsoft Privacy & Cookies Manage cookies Terms of Use Trademarks About our ads