This is the Trace Id: 13346ac7d7ea3317933ed8c9d94a4063

Compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM 2016 para Microsoft SharePoint Server 2010 e Microsoft SharePoint Server 2013 (para varios exploradores)

Compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM 2016 para SharePoint

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

  • Versión:

    08.00.0000.1088

    Data de publicación:

    10/9/2019

    Nome do ficheiro:

    CRM2016-SharePointListSP2010-GLC-amd64.exe

    CRM2016-SharePointListSP2013-GLC-amd64.exe

    Tamaño do ficheiro:

    1.2 MB

    1.3 MB

    O compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM 2016 para SharePoint pon á súa disposición documentos de Microsoft Dynamics CRM que están almacenados en SharePoint nun formato que ten a mesma aparencia de Microsoft Dynamics CRM. Esta funcionalidade tamén lle permite a CRM crear automaticamente cartafoles que se usarán para almacenar documentos relacionados con rexistros de CRM en SharePoint.
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 7, Windows Vista, Windows XP

    • Outros requisitos:

      • Microsoft Dynamics CRM 2016

      • Existen dúas versións do compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM 2016 para Microsoft SharePoint:
        • Compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM 2016 para Microsoft SharePoint Server 2013. Esta versión funciona con Microsoft SharePoint Server 2013 e SharePoint Online. Non funciona con SharePoint 2010 ou SharePoint Server Foundation 2013.
        • Compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM 2016 para Microsoft SharePoint Server 2010. Esta versión funciona con Microsoft SharePoint Server 2010 e Microsoft SharePoint Foundation 2010, mais non funciona con SharePoint 2013 e SharePoint Online.
    1. Para comezar a descarga, prema Descargar para o compoñente de lista que queira instalar.

    2. Para gardar o ficheiro no seu computador, prema Gardar e seleccione a localización. A seguir, prema Gardar de novo.


    Importante
    • Para poder instalar o compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM en Microsoft SharePoint Server, debe ser administrador da colección de sitios SharePoint.
    • (Para SharePoint (local) unicamente) O compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM é unha solución do nivel da colección de sitios. Se desexa activar o compoñente de lista a nivel do conxunto de servidores, deberá escribir un script que realice o seguinte:
      • Recuperar todas as coleccións de sitios de SharePoint dun servidor de SharePoint.
      • Instalar e activar o compoñente de lista en cada unha desas coleccións de sitios.
    Instalación do compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM
    1. Navegue até a carpeta onde descargou o ficheiro CRM2016-SharePointList2013-ENU-amd64.exe ou CRM2016-SharePointList2010-ENU-amd64.exe, e prema dúas veces nel.
    2. Na caixa de diálogo Abrir ficheiro - Aviso de seguranza, prema en Executar.
    3. Para aceptar os termos do contrato de licenza, prema en Si.
    4. Seleccione un cartafol para almacenar os ficheiros extraídos e prema en Aceptar.

    5. Se descargou CRM2016-SharePointList2013-ENU-amd64.exe, extraeranse os seguintes ficheiros:
      • AllowHtcExtn.ps1
      • crmlistcomponent.wsp

      Se descargou CRM2016-SharePointList2010-ENU-amd64.exe, extraerase o ficheiro crmlistcomponent.wsp.
    6. Abra o explorador.
    7. Na barra de enderezos, escriba o URL da colección de sitios na que desexa instalar o compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM e prema INTRO.
    8. Navegue ata a Galería de solucións en SharePoint:
      • Se está a usar SharePoint 2010: prema Accións do sitio, Configuración do sitio e, a continuación, en Galerías, prema Solucións.

      • Se está a usar SharePoint 2013: prema na icona de Configuración na esquina superior dereita, en Configuración do sitio e, a continuación, en Galerías do deseñador web, prema Solucións.
    9. No separador Solucións, no grupo Novo, prema en Cargar solución.
    10. Prema en Explorar, localice o ficheiro crmlistcomponent.wsp e, a continuación, prema en Aceptar.
    11. No separador Solucións, no grupo Comandos, prema en Activar.



    Instrucións de desinstalación
    1. Abra o URL da colección de sitios onde está instalado o compoñente de lista de Microsoft Dynamics CRM.
    2. Navegue ata a Galería de solucións en SharePoint:
      • Se está a usar SharePoint 2010: prema Accións do sitio, Configuración do sitio e, a continuación, en Galerías, prema Solucións.
      • Se está a usar SharePoint 2013: prema na icona de Configuración na esquina superior dereita, en Configuración do sitio e, a continuación, en Galerías do deseñador web, prema Solucións.
    3. Seleccione a opción para o ficheiro crmlistcomponent.wsp e, no separador Solucións, no grupo Comandos, prema en Desactivar.
    4. Na caixa de diálogo Desactivar solucións, no grupo Comandos, prema outra vez en Desactivar.
    5. No separador Solucións, no grupo Comandos, prema en Eliminar.
    6. Prema Aceptar.