Suplemento de Microsoft® SQL Server® 2016 SP1 Reporting Services para Microsoft SharePoint®
O suplemento de Reporting Services para as tecnoloxías de Microsoft SharePoint permítelle integrar as funcionalidades de Reporting Services coa experiencia de colaboración de SharePoint.
Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.
Versión:
13.0.4001.0
Data de publicación:
17/7/2019
Nome do ficheiro:
rsSharePoint.msi
Tamaño do ficheiro:
47.6 MB
O suplemento de SQL Server 2016 SP1 Reporting Services para as tecnoloxías de Microsoft SharePoint aplica as funcionalidades e as páxinas da interface de usuario nun servidor front-end da web de SharePoint.
- A versión de SQL Server 2016 SP1 do suplemento de Reporting Services é compatible con SharePoint 2010 e SharePoint 2013.
- Para usar as funcionalidades de modo conectado de Reporting Services co suplemento de 2016 SP1, a versión do servidor de informes tamén debe ser a de 2016 SP1.
- Para obter máis información acerca das versións compatibles, consulte "Combinacións compatibles de compoñentes de SharePoint e Reporting Services"
Despois de instalar o suplemento de Reporting Services e de configurar os servidores para a súa integración, pode publicar contido de Reporting Services nunha biblioteca de SharePoint e, a seguir, consultar e xestionar eses documentos directamente desde un sitio web de SharePoint. O suplemento de Reporting Services fornece as seguintes funcionalidades:
- Power View, unha funcionalidade do suplemento de Microsoft SQL Server 2016 SP1 Reporting Services para a edición Enterprise de Microsoft SharePoint Server 2010, é unha experiencia interactiva de exploración, visualización e presentación de datos. Fornece informes ad hoc de arrastrar e soltar para usuarios empresariais como analistas de datos, responsables da toma de decisións empresariais e traballadores de información. Os informes de Power View teñen un novo formato de ficheiro, RDLX.
- Abra os informes no Xerador de informes desde unha biblioteca de SharePoint e garde os informes nas bibliotecas de SharePoint.
- Peza web do Visualizador de informes, que fornece capacidades de visualización de informes, exportación a distintos formatos de procesamento, navegación de páxina, busca, impresión e zoom.
- Páxinas web de SharePoint para poder crear subscricións e programacións, así como xestionar informes e orixes de datos.
- Compatibilidade coas funcionalidades estándar de SharePoint Foundation 2010 e SharePoint Server 2010, como a xestión de documentos, a colaboración, a seguranza e o despregamento con tipos de contido do servidor de informes.
- Capacidade para engadir a peza web do Visualizador de informes de Reporting Services a calquera páxina ou panel dun sitio web de SharePoint e personalizar o seu aspecto.
- Capacidade para usar funcións e niveis de permiso de SharePoint para controlar o acceso ao contido do servidor de informes. Tamén pode usar a autenticación de formularios de SharePoint para dar acceso ás conexións de internet.
- Alertas de datos de Reporting Services, unha solución de alertas controlada por datos para a edición Enterprise de SharePoint Server 2010 que lle informa das modificacións feitas nos datos dos informes do seu interese no momento oportuno.
Para ver unha lista detallada das novidades de Reporting Services, consulte Novidades (Reporting Services) para obter máis información.Sistemas operativos admitidos
Windows 10, Windows 8, Windows 8.1, Windows Server 2008 R2, Windows Server 2008 R2 SP1, Windows Server 2012, Windows Server 2012 R2, Windows Server 2016
- É necesario dispoñer de 37 MB de espazo no disco ríxido para o suplemento.
- Para obter información acerca dos requisitos relevantes do sistema, revise a documentación de Windows SharePoint Foundation ou de SharePoint Services.
O computador debe cumprir os seguintes requisitos de software:- Un dos seguintes:
- Microsoft SharePoint 2010.
- Microsoft SharePoint Foundation 2010 con soporte de programación de .NET.
- Microsoft SharePoint Server 2013.
- Para usar funcionalidades de modo conectado de Reporting Services, precísase Microsoft SQL Server 2016 SP1 Reporting Services no modo de SharePoint.
- Os sitios web non poden activarse para o acceso anónimo.
- Microsoft Internet Explorer 7.0 cos Services Packs máis recentes.
- Pode instalar e configurar os servidores en calquera orde, aínda que as operacións integradas non estarán dispoñibles até que se completen os pasos de configuración de ámbolos servidores. Para obter información detallada acerca dos pasos de instalación, consulte o ficheiro Léame do suplemento de Reporting Services existente.
-
Paso 1: Instale unha instancia dun produto de SharePoint.
Paso 2: Prema o botón Descargar desta páxina para descargar o suplemento de Reporting Services (RsSharePoint.msi). Para comezar a instalación inmediatamente, prema Executar. Para instalala máis tarde, prema Gardar.
Paso 3:Para permitir a funcionalidade de modo local de Reporting Services, instale o suplemento de Reporting Services nos servidores front-end da web. Para a funcionalidade de modo conectado de Reporting Services, realice os demais pasos.
Paso 4: Instale SQL Server 2016 SP1 Reporting Services nun servidor da aplicación de SharePoint. No asistente de instalación de SQL Server 2016 SP1, escolla "Reporting Services – SharePoint" na páxina de selección da funcionalidade. Tamén pode instalar o suplemento de Reporting Services desde o asistente de instalación de SQL Server 2016 SP1 en lugar de descargalo desta páxina.
Paso 5:Configure o servizo de Reporting Services SharePoint e cree polo menos unha aplicación de servizo de Reporting Services.
Paso 6: Defina os permisos e engada os tipos de contido de Reporting Services.
Paso 7: Verifique a instalación.
O suplemento de Reporting Services debe instalarse en todos os servidores web de SharePoint que queira usar para acceder ás funcionalidades do modo local de Reporting Services ou ás do modo conectado de SharePoint, como Power View e as alertas de datos.
Para obter información detallada acerca da instalación do suplemento, consulte "Instalar ou desinstalar o suplemento de Reporting Services para SharePoint".
- Se ten dúbidas acerca do suplemento de Reporting Services, visite o foro de SQL Server Reporting Services en MSDN.
- Axude a mellorar o suplemento de Reporting Services mediante o envío de erros ao Centro de comentarios de Connect.