This is the Trace Id: 642c038b664000ad0bc44f641338335d
Saltar ao contido principal Microsoft 365 Office Azure Copilot Windows Surface Xbox Asistencia técnica Aplicacións de Windows OneDrive OneNote Computadores e tabletas Xogos de Xbox Xogos de computador Microsoft AI Seguranza de Microsoft Azure Dynamics 365 Microsoft 365 para empresas Microsoft Power Platform Windows 365 Programador de Microsoft Documentación Microsoft Learn Microsoft Tech Community Azure Marketplace AppSource Visual Studio Seguranza e descargas gratuítas Education Todo Microsoft

Microsoft Office Language Interface Pack 2010 – Galego

Microsoft Office Language Interface Pack 2010 – Galego fornece interface de usuario en galego para moitos programas de Microsoft Office 2010.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

  • Versión:

    1

    Data de publicación:

    13/6/2024

    Nome do ficheiro:

    LanguageInterfacePack-x86-gl-es.exe

    LanguageInterfacePack-x64-gl-es.exe

    Office2010LipHelp-gl-es.zip

    Tamaño do ficheiro:

    20.8 MB

    22.6 MB

    200.8 KB

    Microsoft Office Language Interface Pack 2010 – Galego fornece interface de usuario en galego para:
    • Microsoft Office Excel 2010

    • Microsoft Office OneNote 2010

    • Microsoft Office Outlook 2010

    • Microsoft Office PowerPoint 2010

    • Microsoft Office Word 2010
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 7, Windows Vista, Windows XP Service Pack 2

    • Software necesario: A versión de calquera das versións de Microsoft Office 2010 que conteñan Excel, OneNote, Outlook, Powerpoint ou Word.
    • Requisitos de espazo en disco: Son necesarios 20 megabytes (MB) de espazo en disco dispoñibles, para alén do espazo utilizado polos programas instalados de Office 2010.
  • Instalación do paquete:
    1. Descargue o ficheiro LanguageInterfacePack.exe premendo o botón Descargar (arriba) e gardando o ficheiro no disco ríxido.
    2. Prema dúas veces o ficheiro LanguageInterfacePack.exe para iniciar o programa de instalación.
    3. Siga as instrucións da pantalla para concluír a instalación.
    4. Unha vez instalado, pode consultar o ficheiro léame de Microsoft Office 2010 Language Interface Pack localizado en C:\Ficheiros de programa\Common Files\microsoft shared\OFFICE14\1110\LIPread.htm
    5. Non se admite a actualización de Office 2007 con Office 2007 Language Interface Pack ou edicións anteriores a Office 2010 con Office 2010 Language Interface Pack. Se desexa actualizar a instalación base de Office 2007 a Office 2010 con Office 2010 Language Interface Pack realice o seguinte:
      • Desinstale Office 2007 Language Interface Pack
      • Execute o programa de instalación de Office 2010 e escolla a opción de actualización.
      • Ao concluír a instalación de Office 2010, instale e configure Office 2010 Language Interface Pack


      • Activación do produto Office:
      • Se está a ter problemas para ler o código de instalación completo na caixa de diálogo "Asistente de activación de Microsoft Office" ou non se mostra correctamente ao utilizar Microsoft® Office Language Interface Pack 2010, cancele o asistente e mude ao produto en español para activalo.


    Instrucións de utilización:

    Para mudar a interface de usuario ao idioma de Microsoft Office Language Interface Pack 2010– Galego, realice o seguinte:

    1. Inicie as Preferencias de idioma de Microsoft Office 2010 no menú Inicio\Todos os programas\Microsoft Office\Ferramentas de Microsoft Office.
    2. En Escoller idiomas da interface de usuario e da Axuda, na opción Idioma da interface de usuario, seleccione o idioma desexado e prema o botón Establecer como predefinido.
    3. En Escoller idiomas de edición, seleccione o idioma desexado e prema o botón Establecer como predefinido.
    4. Prema Aceptar.

    A configuración de idioma seleccionada aplicarase a próxima vez que inicie as aplicacións de Office.
    Nota: Non é posible mudar a Axuda ao idioma de Microsoft Office Language Interface Pack 2010– Galego. Permanecerá sempre no idioma da instalación orixinal.
    Por tanto, defina sempre a Axuda no idioma base.

    Eliminación do programa:
      Realice o seguinte con Windows XP Home ou Professional Edition:
    1. Saia de todos os programas.
    2. Prema dúas veces a icona Engadir ou eliminar programas do panel de control de Windows.
    3. Prema Microsoft Office Language Interface Pack 2010 na caixa Programas actualmente instalados e, a seguir, prema o botón Eliminar.
    4. Siga as instrucións da pantalla.

      Realice o seguinte con Windows Vista ou Windows 7:
    1. Saia de todos os programas.
    2. Prema dúas veces a icona Programas e funcionalidades do panel de control de Windows.
    3. Na opción Desinstalar ou modificar un programa, prema Microsoft Office Language Interface Pack 2010– Galego na caixa Programas actualmente instalados e, a seguir, seleccione a opción Desinstalar.
    4. Siga as instrucións da pantalla.